O vindeiro sábado 13 de Febreiro terá lugar unha "Sesión clínica con Valentín Escudero", en  horario de 09:30 a 14:30h.

Valentín Escudero, é profesor titular de metodoloxías de investigación na UniverValentín Escuderosidade de A Coruña, director da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar, Psicoterapeuta e Terapeuta Familiar acreditado pola FEAP.

A intervención familiar sistémica no contexto dos servizos sociais e de protección á infancia ocupa un lugar prioritario traballo clínico e investigador do Prf. V. Escudero, impartindo formación e supervisión para equipos  e programas de servizos sociais e protección á infancia en España, Portugal, Inglaterra,  Bélgica e Polonia. Desde fai 5 años é director do Programa de Tratamento Terapéutico de Menores en Situación de Risco e Desamparo, no que  7 equipos de psicoterapia atenden a menores e os seus coidadores derivados polo sistema de Protección á infancia de Galicia. 

A súa experiencia permitirá abordar no seminario a importancia da alianza terapéutica na intervención con pacientes obrigados ou difíciles, nestes casos é de suma importancia empregar estratexias axeitadas que permitan acadar os obxectivos terapéuticos.